29 de septiembre de 2009

Desde Galicia para el mundo


Na última emisión do programa televisivo "Desde Galicia para el mundo" adican parte do seu tempo a unha reportaxe sobre o traballo dos irmáns Garrido no seu asteleiro. Tamén falan sobre a recente construción da Dorna Sara.

Podedes ver o video pinchando aqui.

7 de septiembre de 2009

A Dorna Sara na II Regata de Clásicos Emprosal

A dorna Sara xa goza dunha vida plena, completa a súa construción i equipación comezou a navegar.
Unha das súas primeiras travesías foi para tomar parte na II Regata de Clásicos Emprosal, organizada polo Club Náutico San Vicente do Mar, e que se celebrou o pasado 23 de agosto. A navegación trancorreu sen incidencias e houbo oportunidade de probar os diferentes rumbos e velas que pode combinar a embarcación.



Mais fotografías e a clasificación completa na noticia de Todogrove.com

Fotografías da regata na web do CNSV

20 de agosto de 2009

Máis prensa


Hoxe é La Voz de Galicia a que se fai eco da botadura

19 de agosto de 2009

Nos medios

Foron varios os medios de comunicación que se interesaron pola Dorna Sara, tanto no referente ao proceso constructivo como ao momento da botadura, hoxe en Faro de Vigo edición Arousa dedícanlle a portada e páxinas interiores ao feliz acotecemento.

18 de agosto de 2009

Botadura!!!


Deixámos aqui unhas poucas fotos da botadura da Dorna Sara, esta tarde no peirado do Grove foron moitos os amigos que non se quixeron perder este momento tan especial. A pequena Sara fixo de madriña do barco que leva o seu nome. Logo houbo saida de navegación polas augas da ría. Estamos de festa!!!

A nova nos medios de comunicación:
Todogrove.com
TVG
Faro de Vigo

Hoxe é o día



Hoxe martes, ás 15.00 horas, terá lugar a botadura definitiva da Dorna Sara. Esta tarde a embarcación abandonará as instalacións dos Asteleiros Hijos de J. Garrido, para pasar a formar parte da flota do Grove.
Vémonos no porto.

16 de agosto de 2009

A conta atrás: 3 dias


A falta de tres días para a botadura definitiva da Dorna Sara son moi poucas cousas as que quedan por facer, pequenos remates na súa maior parte. Pomos como exemplo o forrado da forquilla, elaborado en coiro e fixado con toda precisión para protexer a erosión e o desgaste desta peza contra o palo. Durante esta semana tamén se elaboraou a xarcia movil e toda a parte electrica no interior da embarcación.