Abordo con Joan Sol e Marta Salomó, bos amigos do Mediterráneo
Rumbo ao
Freixo para participar nos XI Encontros. Saímos de mañanciña de San Vicente con
pouco vento, arriscámonos pola canle de Sagres, dobramos Corrubedo e ao pouco,
indo por fóra das Basoñas, saudounos o Monte Louro, que marca a entrada polo
Norte da Ría de Muros e Noia. Pouco despois avistámola illa da Creba e xa a
piques de levar cinco horas de navegación arribamos ao Freixo. Toda a
actividade estaba concentrada no Porto: as carpas de exposicións e o Club
Náutico albergaban moi diversas exposicións das que quixera destacar a do
mariñeiro autodidacta M. Pazó Vila e a selección de librerías que achegaren
libros mais ou menos monográficos ó redor da temática da navegación, algúns moi
difíciles de topar habitualmente. O concerto de Son de Seu foi multitudinario e
o ambiente, en xeral, o propio dos Encontros.
De tódolos xeitos o
corazón dos Encontros estaban no mar: os barcos. Convén destacar a
participación dos portugueses Fe em Deus e Nosa Señora dos Anxos, e, por
suposto, a flota de dornas do Grove, de Vilanova e da Illa. Os galeóns, as
bucetas, algúns racús, botouse de menos o do Grove, e entre os que destacou o
Laverco de Cabo de Cruz, botado neste 2013.
A organización foi
perfecta e a xente do Freixo amable, hospitalaria, e é ben certo que puideron
disfrutar dunhas Xornadas moi destacables.
Joan Sol do blog "El mar es el camí", ao timón
Vista xeral do Freixo
A lancha xeiteira Canle
O Laberco
Galeón RH 1
Navegando
Catamarán Lecer
Rei do Mar, O Laberco e Sara O
Canoas/bucetas, dornas e bateles de Euskal Herria
Galeón RH 1 e Lancha poveira do alto Fé em Deus
Diversas tipoloxías e dornas do Grove, como a Semparada, de Lino Prieto
Agardando para sair
Illa da Creba
Mote Louro, entrada Norte da Ría de Muros-Noia
Fe em Deus