A falta de tres días para a botadura definitiva da Dorna Sara son moi poucas cousas as que quedan por facer, pequenos remates na súa maior parte. Pomos como exemplo o forrado da forquilla, elaborado en coiro e fixado con toda precisión para protexer a erosión e o desgaste desta peza contra o palo. Durante esta semana tamén se elaboraou a xarcia movil e toda a parte electrica no interior da embarcación.