Na páxina 16 do Faro de Vigo de hoxe, na súa edición de Arousa, así como na súa edición dixital, adícanlle unha páxina completa á construcción da Dorna Sara, que vimos seguindo puntualmente nas entradas deste blog.
26 de junio de 2009
Faro de Vigo adícalle unha páxina a este blog
Nesta noticia coméntase o proceso de construción e caompáñase de un abondoso número de fotografías, na edición en papel.
O noso agradecemento polo tratamento e a difusión.
Motor, eixo e hélice

Esta mañá de venres foi intalado abordo o motor principal da dorna Sara. Trátase dun motor de centro diesel da casa catalana Solé.
Unha vez ubicado no seu lugar procédese a comunicar o eixo coa saída do motor, e procurando a mellor posición, que será a definitiva.

Finalmente fixarase a bocina, un cortacabos e a hélice.

17 de junio de 2009
Quillote
A Dorna Sara foi movida do seu sitio orixinal por primeira vez. Este desprazamento ata o foso, tivo como obxecto a colocación do quillote, que xa amosamos nunha entrada anterior, recheo de chumbo e que se fixou á quilla mediante cavillas. Ao mesmo tempo estase a continuar co empastado, lixado e imprimación.
11 de junio de 2009
Varias tareas
O casco foi empastado logo da primeira man de imprimación, logo foi lixado.
Mentras tanto o ferreiro entregou xa o quillote, que se recheou con chumbo e que será fixado na quilla da Dorna Sara.
No interior, despois de recibir os tratamentos de nutrición e proteción da madeira, estase realizando a instalación de fontanería para as diversas canalizacións. Tamén se puxeron bomba de achique e o refrixerador.
8 de junio de 2009
Iimprimación
7 de junio de 2009
A marca da casa

Os carpinteiros de riberia teñen tamén as súa marca. Cada asteleiro ou carpinteiro remata de un xeito diferende a cinta dos barcos na proa, e na popa cando é posible, o que convirte o remate da obra morta nunha caracteristica identitaria propia.
No caso do asteleiro dos Garrido, a súa marca é esta sorte de G maiúscula, que xa podemos ver na proa da Dorna Sara.
En definitiva: a firma de cada constructor naval.


6 de junio de 2009
Varios detalles

Son varios os puntos que merecen a nosa atención no proceso constructivo da Dorna Sara.

Por unha banda os interiores e a bitácora reciben aceites, saturadores e outros tratamentos de nutrición e proteción da madeira.

Por outra banda as pezas interiores foron coidadosamente lacados, polo que se lles retira a cinta e se repasan os acabados, para que o resultado sexa o mellor posible.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)