Hoxe martes, ás 15.00 horas, terá lugar a botadura definitiva da Dorna Sara. Esta tarde a embarcación abandonará as instalacións dos Asteleiros Hijos de J. Garrido, para pasar a formar parte da flota do Grove. Vémonos no porto.
Unha dorna de tope con técnicas de carpintería actuais: alistonada, con cuberta cómoda e habitable, dotada de cociña, baño, duas camas e con todos os avances técnicos en canto a electrónica se refire. Armará, ademais, vela cangrexa, foque e trinqueta.
Construída nos Asteleiros Garrido