20 de agosto de 2009
19 de agosto de 2009
Nos medios
18 de agosto de 2009
Botadura!!!
Deixámos aqui unhas poucas fotos da botadura da Dorna Sara, esta tarde no peirado do Grove foron moitos os amigos que non se quixeron perder este momento tan especial. A pequena Sara fixo de madriña do barco que leva o seu nome. Logo houbo saida de navegación polas augas da ría. Estamos de festa!!!
A nova nos medios de comunicación:
Todogrove.com
TVG
Faro de Vigo
16 de agosto de 2009
A conta atrás: 3 dias
A falta de tres días para a botadura definitiva da Dorna Sara son moi poucas cousas as que quedan por facer, pequenos remates na súa maior parte. Pomos como exemplo o forrado da forquilla, elaborado en coiro e fixado con toda precisión para protexer a erosión e o desgaste desta peza contra o palo. Durante esta semana tamén se elaboraou a xarcia movil e toda a parte electrica no interior da embarcación.