Xornada de convivencia e navegación na ría de Pontevedra, por segundo ano un
amplo e diverso número de embarcacións déronse cita nesta augas para distrutar
de un soleado día de maio para facer o que máis nos gusta: navegar; e a SaraO non podía fallar.
Ave de Paso
Capitana
A II Volta a Tambo para Embarcaciones Tradicionais, Barcos Clásicos e de Época que organizou o Real Club de Mar de Aguete xunto coa Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, Asociación de Pescadores Chirleu de Aguete, Grupo Cultural Ronsel de Seixo e a Asociación Galega de Barcos Clásicos e de Época, contando co importantísimo apoio do Concello de Marín y Diputación de Pontevedra así como con la firma Desmarque. Congregou a 15 embarcacións e aos seus tripulantes, dispostos a disfrutar de un placenteiro dia de navegación que rematou coa entrega de agasallos conmemorativos nos salóns do Club de Mar de Aguete. Amosamos unhas instantaneas do evento.
Os Galos, de Bueu, e parte das súas embarcacións tradicionais
Lilas
A Reiboa, dorna de tope de Poio
Catamarán Lecer Un
Aparellando para sair
O D.K.D. tamén participou
O "presi" ao timón
A dorna Manuela, a máis antigua das participantes