4 de julio de 2013

I REGATA DE BARCOS CLÁSICOS CABO DE CRUZ


                                    

O SARA O IMPONSE NA I REGATA DE BARCOS CLÁSICOS CABO DE CRUZ-BOIRO, GRAN PREMIO AGALCARI 


Magnífica regata tamén do "O Laberco" do C.N. Boiro que na súa primeira regata oficial conseguiu o segundo posto e o premio ao barco mellor conservado 

                                     
"O Laberco", de JM Triñanes

                                     
Galeón "Illa de Cortegada", da Asociación Rompetimóns de Carril
                                                                                     
Tras intensas nortadas durante toda a semana, chegado o momento este domingo pasado ás 13.30 h. da consecución da I Regata de Clásicos gran premio AGALCARI (Asociación Galega de Carpintaría de Ribeira) que organizou o Club Náutico de Boiro - Mariña de Cabo de Cruz coa colaboración de Agabace (Asociación Galega de Barcos Clásicos e de Época), Concello de Boiro e Portos de Galicia, o vento non apareceu até case dúas horas despois cando estaban Comité e participantes a piques de arroxar a toalla, momento en que unha brisa do Suroeste fixo aparición e chegando mesmo até os 9 nós, o que permitiu unha saída inmediata para realizar un percorrido de case tres millas entre os puntos de Cabo de Cruz e virada preto da Pobla do Caramiñal con regreso novamente a Cabo de Cruz. 
Boa saída do galeón "Illa de Cortegada" e primeiro tramo de bolina onde o "Sara O"  puido imporse por velocidade a todos os demais, seguíndolle a duras penas o seu ritmo soamente o "Papaleisson" e o "Laberco".

                                    
Avelino Ochoa, o armador, co alcalde de Boiro e o presidente do CN Boiro

1º) SARA O (Dorna de Lecer)– Xosé Avelino Ochoa – C.N. San Vicente Agabace,
2º) O LABERCO (Racú )– Gerardo Triñanes – C.N. Boiro – a 6 minu y 33 segdos
3º) PAPALEISSON (Nantucket Clipper) – Javier Alfonso Otero – Agabace – a 07:06
4º) CASSANDRA (Hyllard 36– Javier y Fernando Pazó – C.N. Portonovo – a 07:53
5º) MIÑA MINIÑA (Tayana 37) – Fabián Garrido – C.N. Grove Agabace  a 13:17
6º) ILLA DE CORTEGADA (Galeón)- Miguel Gago – A.C.D. Rompetimons a 13:33

                        

Gran ambiente na entrega de premios que presidiu o alcalde de Boiro Juan José Dieste, o seu concelleiro de deportes Nolo Romeu e o presidente do Club Náutico Boiro Manuel Fajardo e magnífico éxito de público a exposición dos barcos participantes que estiveron desde o sábado na Mariña de Cabo de Cruz.