16 de julio de 2013

XI ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA. O FREIXO 2013



Abordo con Joan Sol e Marta Salomó, bos amigos do Mediterráneo



Rumbo ao Freixo para participar nos XI Encontros. Saímos de mañanciña de San Vicente con pouco vento, arriscámonos pola canle de Sagres, dobramos Corrubedo e ao pouco, indo por fóra das Basoñas, saudounos o Monte Louro, que marca a entrada polo Norte da Ría de Muros e Noia. Pouco despois avistámola illa da Creba e xa a piques de levar cinco horas de navegación arribamos ao Freixo. Toda a actividade estaba concentrada no Porto: as carpas de exposicións e o Club Náutico albergaban moi diversas exposicións das que quixera destacar a do mariñeiro autodidacta M. Pazó Vila e a selección de librerías que achegaren libros mais ou menos monográficos ó redor da temática da navegación, algúns moi difíciles de topar habitualmente. O concerto de Son de Seu foi multitudinario e o ambiente, en xeral, o propio dos Encontros.

De tódolos xeitos o corazón dos Encontros estaban no mar: os barcos. Convén destacar a participación dos portugueses Fe em Deus e Nosa Señora dos Anxos, e, por suposto, a flota de dornas do Grove, de Vilanova e da Illa. Os galeóns, as bucetas, algúns racús, botouse de menos o do Grove, e entre os que destacou o Laverco de Cabo de Cruz, botado neste 2013.
A organización foi perfecta e a xente do Freixo amable, hospitalaria, e é ben certo que puideron disfrutar dunhas Xornadas moi destacables.


 Joan Sol do blog "El mar es el camí", ao timón

Vista xeral do Freixo

 A lancha xeiteira Canle

 O Laberco

 Galeón RH 1

 Navegando

 Catamarán Lecer

 Rei do Mar, O Laberco e Sara O

 Canoas/bucetas, dornas e bateles de Euskal Herria

 Galeón RH 1 e Lancha poveira do alto Fé em Deus

Diversas tipoloxías e dornas do Grove, como a Semparada, de Lino Prieto

  Agardando para sair

Illa da Creba

Mote Louro, entrada Norte da Ría de Muros-Noia

Fe em Deus