Pero non precisa a madeira de moito mantemento? É verdade que para barcos construídos dun xeito tradicional o mantemento da madeira é unha tarefa máis ou menos constante, como se ve pola experiencia diaria nos nosos portos. Pero non é así para embarcacións feitas coa tecnoloxía e cos materiais actuais. Tódalas superficies de madeira exposta ás influencias externas de sol e mar están protexidos por resinas. A madeira seca conservada deste xeito mantén tódalas súas extraordinarias características practicamente sen envellecemento, durante décadas, e os custos de mantemento ordinario dun casco non son superiores aos de fibra ou metal.Asistimos á colocación do último dos bances, o casco está xa completamente forrado, o costado de estribor está a ser lixado, a Dorna Sara xa mostra un aspecto ben avanzado. Falta menos para a botadura...