Tal e como fomos vendo nesta páxina a cuberta quedou rematada. Hoxe venres houbo o ramo correspondente, xa que a cuberta ao ser nova "estaba moi seca". O asteleiro dos Garrido acolleu esta pequena festa na que se reuniron amigos, familiares e os profesionais que traballan no barco.
Unha dorna de tope con técnicas de carpintería actuais: alistonada, con cuberta cómoda e habitable, dotada de cociña, baño, duas camas e con todos os avances técnicos en canto a electrónica se refire. Armará, ademais, vela cangrexa, foque e trinqueta.
Construída nos Asteleiros Garrido