O piso da bañeira da Dorna Sara ten o mesmo acabado que a cuberta, na fotografía podemos apreciar un detalle do mesmo, onde se ubicará a bitácora, así como a espiña central.
Unha dorna de tope con técnicas de carpintería actuais: alistonada, con cuberta cómoda e habitable, dotada de cociña, baño, duas camas e con todos os avances técnicos en canto a electrónica se refire. Armará, ademais, vela cangrexa, foque e trinqueta.
Construída nos Asteleiros Garrido