A bitácora xa está visible. Neste elemento instalaranse os aparatos electrónicos e mecánicos precisos para a navegación, aos que corresponden os ocos practicados no mesmo, as pantallas da sonda, gps-ploter e demáis xa teñen listo o seu sitio.
Unha dorna de tope con técnicas de carpintería actuais: alistonada, con cuberta cómoda e habitable, dotada de cociña, baño, duas camas e con todos os avances técnicos en canto a electrónica se refire. Armará, ademais, vela cangrexa, foque e trinqueta.
Construída nos Asteleiros Garrido