A cuberta da Dorna Sara será de teca. Ao tempo que un carpinteiro avanza no reparto do interior comezou o traballo en cuberta colocando a primeira das táboas. Ofrecemos tamén unha imaxe de como están quedando o habitáculo.
Unha dorna de tope con técnicas de carpintería actuais: alistonada, con cuberta cómoda e habitable, dotada de cociña, baño, duas camas e con todos os avances técnicos en canto a electrónica se refire. Armará, ademais, vela cangrexa, foque e trinqueta.
Construída nos Asteleiros Garrido