Continúan os traballos na Dorna Sara. Por un lado son distribuidos os baos laminados da cabina, e por outro toma forma a distribución da bañeira cos distintos lugares de estiba.
Unha dorna de tope con técnicas de carpintería actuais: alistonada, con cuberta cómoda e habitable, dotada de cociña, baño, duas camas e con todos os avances técnicos en canto a electrónica se refire. Armará, ademais, vela cangrexa, foque e trinqueta.
Construída nos Asteleiros Garrido