Os calzos onde se fixará o motor diesel intraborda están xa listos, ao tempo que os palmexares toman o seu lugar no interior das cuadernas, uníndoas entre si, reforzando a estrutura e impedindo flexións do casco.
Unha dorna de tope con técnicas de carpintería actuais: alistonada, con cuberta cómoda e habitable, dotada de cociña, baño, duas camas e con todos os avances técnicos en canto a electrónica se refire. Armará, ademais, vela cangrexa, foque e trinqueta.
Construída nos Asteleiros Garrido