22 de octubre de 2013

O Memorial Tito Silva en imaxes


Unha das últimas citas do calendario estival é o Memorial Tito Silva, que se celebra en Cambados a última fin de semana de setembro e que chegou á súa cuarta edición, un ano máis asistiu a Sara O entre outras moitas embarcacións que pasaron o día no mar, facendo honra ao legado de Silva.
Como boa mostra, achegamos o video realizado por Desmarque.es e alqgunha que outra fotografía.

 Tragove
 Santo Tomé
O Berlisa


27 de agosto de 2013

VI REGATA INTERNACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE BARCOS CLÁSICOS E DE ÉPOCA


A embarcación francesa Cyrenne proclamouse vencedora absoluta deste torneo organizado polo Club Náutico de San Vicente, que dominou na clase “Ons”. Nas outras dúas categorías da competición, os primeiros postos foron para o Arosa X e o Acali.
Redacción: Todogrove.com

 

Un total de 35 barcos clásicos e de época, incluído a destacada representación chegada deste o Yatch Club Classique de La Rochelle, déronse cita esta fin de semana en San Vicente para participar na VI Regata Illas Atlánticas Red Eléctrica de España de barcos clásicos e de época, que na tarde deste domingo celebrou a súa clausura despois de dúas xornadas de navegación.
A primeira etapa, que tivo lugar na mañá do sábado, consistiu nun percorrido de 18 millas con meta en Sanxenxo, previo periplo polas proximidades de Ons. Desta primeira xornada xa saíu como líder o barco francés Cyrenne, de Jean Le Minor, que ademais de ser o máis rápido en tempo real resultou tamén o mellor en tempo compensado, tanto na súa clase, a chamada “Ons”, como na clasificación xeral.
A fronte das outras dúas categorías da competición, a “Sálvora” e a “Cíes”, situáronse ao remate desta primeira xornada o Arosa X de Luis Tourón e o Acali de Santiago Tomé, respectivamente.
Ningún destes tres barcos abandonou o liderado da súa clase na segunda e última etapa, que onte levou aos participantes a realizar un percorrido de 13,4 millas polo entorno da Lanzada, Sálvora e Ons. De feito, tanto o Arosa X como o Acali foron de novo os mellores das súas categorías. Non así o gañador final do torneo, o Cyrenne, que se mantivo como o mellor no cómputo xeral do Trofeo Mercedes-Benz a pesar de rematar esta etapa como terceiro da súa clase, por detrás do tamén francés Bryell e do Pingüino Uno.



Entrega de premios
Chegados os barcos as instalacións de Pedras Negras, cumpría despedir ata o ano que vén aos participantes nesta regata para barcos clásicos que contou coa colaboración de Xunta, Deputación e Concello a través do pertinente acto de entrega de premios e trofeos, que presidiu o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.


Clasificación xeral
CLASE ONS:
1º) CYRENE (deseño Pichavant - Jean Le Minor – Y.C. Classique La Rochelle), 4,8 puntos.
2º) PINGÜINO UNO (German Frers – Carlos Romero - CM Canido), 4,8 puntos.
3º) BRYELL (deseño Franz Maas – Jeome Cathalá - Y.C. Classique La Rochelle), 7,2 puntos.
4º) TANGO (Sparkman&Stefens – Miguel Ángel Pérez – CN Punta Lagoa), 8,4 puntos.
5º) NOCTURNE (Jolina Class – Enrique Barreiro – CN Combarro), 12 puntos.

CLASE SÁLVORA
1º) AROSA X (Tofinof- Luis Tourón – RCN Palma), 2,4 puntos.
2º) ZARA OF ARRÁN (Clyde OD – Leopoldo Pita – Agabace), 6 puntos.
3º) RANA (Folkboat de Xaquín López – Agabace), 14,4 puntos-

CLASE CÍES
1º) ACALI (Sparkman&Stephens – Santiago Tomé – Agabace), 2,4 puntos.
2º) ROSINA (Mossental Marine – Manuel García Lastra – RCM Aguete), 4,8 puntos.
3º) LECER UNO (Tiki 21 - Angel Guesalaga – Agabace ), 9,6 puntos.







  



Recibimos aos clásicos do Rallye La Baulle - Galicia

Bryel II

Na tarde do martes 20 de agosto achegámonos na Sara ata o Porto de Aguete, ata onde chegaron os 8 barcos clásicos, e dous veleiros de apoio, participantes no Rallye La Baulle-Galicia, organizado polo Yatch Club Classique de La Rochelle en colaboración con AGABACE.
Tivemos ocasión de compartir unhas verbas co presidente do club Jean-Christian e co vicepresidente Olivier, co que desde hai preto de un ano mantiñamos un estreito contacto para a organización de este irmandamento. Fumos convidados a coñecer algun dos magníficos barcos que participaron na expedición.

Na última xornada desta visita, no marco da VI Regata das Illas Atlánticas de Barcos CLásicos e de Época, Olivier Beau, exercendo de voceiro da expedición francesa manifestou que "marchaban encantados pola acollida que se lle ofreceu a el e aos seus compañeiros nesta viaxe" e que agardando que para a próxima ocasión nos encontremos en augas francesas "gardarán toda a vida un bo recordo desta xuntanza".

 Khayyam

Cyrenne

 A flota engalada

Rocquette

16 de julio de 2013

XI ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA. O FREIXO 2013



Abordo con Joan Sol e Marta Salomó, bos amigos do Mediterráneo



Rumbo ao Freixo para participar nos XI Encontros. Saímos de mañanciña de San Vicente con pouco vento, arriscámonos pola canle de Sagres, dobramos Corrubedo e ao pouco, indo por fóra das Basoñas, saudounos o Monte Louro, que marca a entrada polo Norte da Ría de Muros e Noia. Pouco despois avistámola illa da Creba e xa a piques de levar cinco horas de navegación arribamos ao Freixo. Toda a actividade estaba concentrada no Porto: as carpas de exposicións e o Club Náutico albergaban moi diversas exposicións das que quixera destacar a do mariñeiro autodidacta M. Pazó Vila e a selección de librerías que achegaren libros mais ou menos monográficos ó redor da temática da navegación, algúns moi difíciles de topar habitualmente. O concerto de Son de Seu foi multitudinario e o ambiente, en xeral, o propio dos Encontros.

De tódolos xeitos o corazón dos Encontros estaban no mar: os barcos. Convén destacar a participación dos portugueses Fe em Deus e Nosa Señora dos Anxos, e, por suposto, a flota de dornas do Grove, de Vilanova e da Illa. Os galeóns, as bucetas, algúns racús, botouse de menos o do Grove, e entre os que destacou o Laverco de Cabo de Cruz, botado neste 2013.
A organización foi perfecta e a xente do Freixo amable, hospitalaria, e é ben certo que puideron disfrutar dunhas Xornadas moi destacables.


 Joan Sol do blog "El mar es el camí", ao timón

Vista xeral do Freixo

 A lancha xeiteira Canle

 O Laberco

 Galeón RH 1

 Navegando

 Catamarán Lecer

 Rei do Mar, O Laberco e Sara O

 Canoas/bucetas, dornas e bateles de Euskal Herria

 Galeón RH 1 e Lancha poveira do alto Fé em Deus

Diversas tipoloxías e dornas do Grove, como a Semparada, de Lino Prieto

  Agardando para sair

Illa da Creba

Mote Louro, entrada Norte da Ría de Muros-Noia

Fe em Deus

4 de julio de 2013

I REGATA DE BARCOS CLÁSICOS CABO DE CRUZ


                                    

O SARA O IMPONSE NA I REGATA DE BARCOS CLÁSICOS CABO DE CRUZ-BOIRO, GRAN PREMIO AGALCARI 


Magnífica regata tamén do "O Laberco" do C.N. Boiro que na súa primeira regata oficial conseguiu o segundo posto e o premio ao barco mellor conservado 

                                     
"O Laberco", de JM Triñanes

                                     
Galeón "Illa de Cortegada", da Asociación Rompetimóns de Carril
                                                                                     
Tras intensas nortadas durante toda a semana, chegado o momento este domingo pasado ás 13.30 h. da consecución da I Regata de Clásicos gran premio AGALCARI (Asociación Galega de Carpintaría de Ribeira) que organizou o Club Náutico de Boiro - Mariña de Cabo de Cruz coa colaboración de Agabace (Asociación Galega de Barcos Clásicos e de Época), Concello de Boiro e Portos de Galicia, o vento non apareceu até case dúas horas despois cando estaban Comité e participantes a piques de arroxar a toalla, momento en que unha brisa do Suroeste fixo aparición e chegando mesmo até os 9 nós, o que permitiu unha saída inmediata para realizar un percorrido de case tres millas entre os puntos de Cabo de Cruz e virada preto da Pobla do Caramiñal con regreso novamente a Cabo de Cruz. 
Boa saída do galeón "Illa de Cortegada" e primeiro tramo de bolina onde o "Sara O"  puido imporse por velocidade a todos os demais, seguíndolle a duras penas o seu ritmo soamente o "Papaleisson" e o "Laberco".

                                    
Avelino Ochoa, o armador, co alcalde de Boiro e o presidente do CN Boiro

1º) SARA O (Dorna de Lecer)– Xosé Avelino Ochoa – C.N. San Vicente Agabace,
2º) O LABERCO (Racú )– Gerardo Triñanes – C.N. Boiro – a 6 minu y 33 segdos
3º) PAPALEISSON (Nantucket Clipper) – Javier Alfonso Otero – Agabace – a 07:06
4º) CASSANDRA (Hyllard 36– Javier y Fernando Pazó – C.N. Portonovo – a 07:53
5º) MIÑA MINIÑA (Tayana 37) – Fabián Garrido – C.N. Grove Agabace  a 13:17
6º) ILLA DE CORTEGADA (Galeón)- Miguel Gago – A.C.D. Rompetimons a 13:33

                        

Gran ambiente na entrega de premios que presidiu o alcalde de Boiro Juan José Dieste, o seu concelleiro de deportes Nolo Romeu e o presidente do Club Náutico Boiro Manuel Fajardo e magnífico éxito de público a exposición dos barcos participantes que estiveron desde o sábado na Mariña de Cabo de Cruz.

7 de mayo de 2013

Volta a Tambo



Xornada de convivencia e navegación na ría de Pontevedra, por segundo ano un amplo e diverso número de embarcacións déronse cita nesta augas para distrutar de un soleado día de maio para facer o que máis nos gusta: navegar; e a SaraO non podía fallar.

 Ave de Paso


Capitana

A II Volta a Tambo para Embarcaciones Tradicionais, Barcos Clásicos e de Época que organizou o Real Club de Mar de Aguete xunto coa Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, Asociación de Pescadores Chirleu de Aguete, Grupo Cultural Ronsel de Seixo e a Asociación Galega de Barcos Clásicos e de Época, contando co importantísimo apoio do Concello de Marín y Diputación de Pontevedra así como con la firma Desmarque. Congregou a 15 embarcacións e aos seus tripulantes, dispostos a disfrutar de un placenteiro dia de navegación que rematou coa entrega de agasallos conmemorativos nos salóns do Club de Mar de Aguete. Amosamos unhas instantaneas do evento.

 Os Galos, de Bueu, e parte das súas embarcacións tradicionais

 Lilas

 A Reiboa, dorna de tope de Poio

 Catamarán Lecer Un




 Aparellando para sair
 O D.K.D. tamén participou

O "presi" ao timón


 A dorna Manuela, a máis antigua das participantes