A Dorna Sara O, con Xosé Avelino Ochoa como patrón e Gerardo Iglesias como tripulante, acadou o segundo posto no podio da División Elcano, un gratificante resultado á participación no I Trofeo Capitán de Corveta Jaime Janer, Gran Premio Concello de Marín de Barcos Clásicos e de Época.
A meteoroloxía deu unha tregua aos participantes no trofeo Capitán de
Corveta Jaime Janer - Gran Premio Concello de Marín para barcos Clásicos
e de Época que organizou a Escola Naval Militar de Marín e o Real Club
de Mar de Aguete coa colaboración do Monte Real Club de Iates de
Bayona, Club Náutico San Vicente do Mar e Bombay Sapphire, e a
última etapa do domingo puido celebrarse co cambio de itinerario
obrigado polo temporal do sábado, de forma que a frota saíu desde San
Vicente do Mar no canto de Baiona e finalizou en Marín como estaba
previsto. (Fotografías: Desmarque.es)
A saída fronte á praia da Lanzada foi puntual ás 12 do mediodía con ventos do Oeste que sempre estiveron ao redor dos 12-14 nós de intensidade, facendo que o percorrido de 15 millas fixésese de forma moi rápida a pesar da incómoda onda que se formou, cun través até entrar na Ría de Pontevedra onde izaron spinakker até Aguete, onde fixeron unha pequena volta atrás en bolina e logo novamente empopada até a meta, sendo o primeiro en cruzar a liña de chegada montada fronte ao peirao de torpedos da Escola Naval, o CALÚA nun tempo de dúas horas e corenta e cinco minutos, o cal non está nada mal. Once minutos despois entraba o NOCTURNE e pouco despois case xuntos o PETÁN, AROSA e AGUETE, o cal dá unha idea do emocionante que estivo a proba até o final. Nesta Etapa en tempo compensado venceron en División Elcano o AGUETE e en Galatea o CALUA.
Realizados os cómputos xerais, a clasificación final quedou da seguinte maneira:
División Elcano:
1º) CASSANDRA (Hillyard 36 - Javier Pazó - CN Portonovo/Agabace) con 3 puntos
2º) SARA Ou (Dorna de Lecer - Xosé Avelino Ochoa - CNS Vicente) 5 puntos
3º) AGUETE (Ketch Formosa 51 - José Luís Guitart - ENM Marín), 9 puntos
A tripulación do Cassandra
División Galatea:
1º) CALÚA (Vindo 50 -Juan Pablo Cividanes - CM Canido/Agabace) con 3 puntos
2º) BEARWOOD PETAN (Ketch Class 8 - Rocío Janer - Agabace) con 4 puntos
3º) NOCTURNE (Nicholson Jolina - Enrique Barreiro - CN Combarro), 5 puntos
Pablo Cividanes, patrón do Calúa
E conxuntadas as dúas divisións, resultou Vencedor Absoluto do Gran Premio Concello de Marín o CALÚA.
Por último, o premio da familia Jaime Janer ao barco cos mellores valores e liñas clásicas adxudicouno o xurado especializado á goleta AROSA.
A entrega de premios final tivo lugar no Casino de Oficiais da Escola Naval Militar de Marín na propia tarde do domingo coa presenza da Alcaldesa da cidade, María Ramallo .
Recollendo o 2º premio de mans do presidente de AGABACE, Guillermo Gefaell