31 de julio de 2009

Percha

Xa amosamos nunha entrada anterior como se elaborou a forquilla da percha con madeira laminada. Pois ben, a forquilla fíxase á percha da vela, na percha instálase un ferraxe que terá doble utilidade: na súa parte superior amárase a driza de boca, e na parte inferior do mesmo elemento fixarase o puño de driza de maior.

30 de julio de 2009

Vernices


Ademáis da continuación dos traballos interiores a Dorna Sara recibe mans de verniz en cabina, tapa regala, estampa de popa e trancanil. Tamén se aumentou o lastre do quillote, engadíndolle chumbo fundido.

23 de julio de 2009

A forquilla


A Dorna Sara xa está de volta no asteleiro logo de pasar as probas de estabilidade. Os carpinteiros puxérona de novo enriba dos tacos e nivelárona, marcándolle a liña de flotación para realizar os remates que quedan. Tamén se están a completar os aparellos precisos para a manobra da vela. Como por exemplo a forquilla da verga, que é de madeira laminada e xa vai tomando forma.

21 de julio de 2009

Navegación de probas


O pasado domingo durante a navegación de proba do motor grabamos un pequeno video no que se aprecia a andadura da Dorna Sara.

20 de julio de 2009

Probas de estabilidade

Hoxe luns no porto de pasaxeiros do Grove embarcaron na Dorna Sara o enxeñeiro naval e o xefe de inspección de buques para realizar as probas de estabilidade da embarcación. Tamén se atopaba abordo Pepe Garrido, o responsable da construción da Sara.

19 de julio de 2009

No mar


No mediodía deste domingo a Dorna Sara foi levada ao pequeño varadoiro do Con das Señoritas, a escasos metros do asteleiros dos Garrido, para levala ao amarre onte mañá se lle farán as probas de estabilidade. Unha vez feitas estas probas continuará o traballo e os remates para a botadura definitiva.
Como se pode ver nas fotografías a embarcación ofrece unha imaxe hermosísima e conta un unha bonita andadura na navegación.

18 de julio de 2009

No carro

Despois de un intenso traballo nos últimos días, a Dorna Sara está xa arbolada e no carro, mañá domingo tocará a auga para que o luns se lle realicen as probas de estabilidade. Durante a xornada porase en marcha o motor e algún dos outros dispositivos cos que conta.




17 de julio de 2009

Ferraxes varios

O traballo na dorna Sara céntrase no interior da embarcación, nas instalacións de auga, electricidade, electrónica e demais... Tamén no exterior se rexistra actividade, coa instalción de cadenotes, candeleiros e outros ferraxes como os do timón ou o botalón.


7 de julio de 2009

Timón


Ademais de unhas man de saturador para a madeira, comprobamos que na estampa de popa xa están instalados os dispositivos precisos para o manexo do timón.