No mediodía deste domingo a Dorna Sara foi levada ao pequeño varadoiro do Con das Señoritas, a escasos metros do asteleiros dos Garrido, para levala ao amarre onte mañá se lle farán as probas de estabilidade. Unha vez feitas estas probas continuará o traballo e os remates para a botadura definitiva. Como se pode ver nas fotografías a embarcación ofrece unha imaxe hermosísima e conta un unha bonita andadura na navegación.
Unha dorna de tope con técnicas de carpintería actuais: alistonada, con cuberta cómoda e habitable, dotada de cociña, baño, duas camas e con todos os avances técnicos en canto a electrónica se refire. Armará, ademais, vela cangrexa, foque e trinqueta.
Construída nos Asteleiros Garrido