Con parte da tripulación do Nocturne e o presidente de Agabace, desposi da entrega de premios
A pasada semana, nos pantaláns de Baiona xestouse de xeito improvisado unha regata de clásicos no marco do Master 2011 do Corte Inglés. o Club Náutico de Sanxenxo convidou aos clásicos presentes a participar do evento. Aínda que a cira para as categorías de ORC, Platú e Optimist compoñíase de tres probas a disputar venres, sábado e domingo; no caso dos clásicos o calendario limitábase a dúas probas, unha o sábado e outra o domingo. Na primeira xornada o Nocturne deixou ben claro que non ía facer concesións, pero con todo o Miña Miniña demostrou que non da tregua, non en balde remataron as dúas probas en idénticas posicións, con unha marxe máis axustada na regata do domingo. Foi nesta segunda xornada na que a estratexia que adoptaron os patróns dos clásicos se fixo valer, a Sara remontou posicións tras unha saída pouco afortunada e entrou en liña de meta en terceiro lugar, o que lle valeu para situarse no chanzo do bronce na clasificación xeral.
O Cassandra dou guerra na regata do domingo
A Sara acoderada ao Marie, do presidente de Agabace, Guillermo Geffael
A intrépida tripulación facendo banda
O Nocturne of Newport, de Enrique Barreiro, foi o vencedor na categoría
O Miña Miniña, que fixo segundo na clasificación Xeral.
O pasado venres 9 de setembro daban incio as regatas do XXVI Premio Príncipe de Asturias, organizado polo MRCY de Baiona, no que unha das categorías foi a de Clásicos, na cal entrou a Dorna Sara, ademáis de outros fermosos barcos, entre os que estaban varios socios da recén fundada Agabace (Asociación Galega de Barcos Clásicos e de Época).
Estiveron tamén en Baiona o Aguete e o Giralda, dúas das embarcacións de interese patrimonial, e que moi pronto engrosarán o listado de membros da Agabace.
En canto á clasificación do grupo dos Clásicos, desde o primeiro día o Pingüino deixou ben claro que non ia facer concesións, e así foi, rematando primeiro nas 3 probas disputadas, nas que ofreceu fermosas estampas.
Seguiron nas probas e na clasificación os barcos da fotografía, en segundo lugar rematou o Calúa (amarrado ao pantalán) e nun moi meritorio posto acabab o Miña Miniña, de Fabián Garrido, que puxo toda a carne no asador nas augas costeiras de Baiona.
Nos próximos días a fotografa viguesa María Muiña colgará na súa páxina web a galería de imaxes deste Trofeo, permaneceremos atentos.
A Concentración de Barcos Clásicos de San Vicente do Mar chegou á súa cuarta edición, un ano máis este Trofeo El Corte Inglés reuniu en augas do Grove e un nutrido e variado grupo de embarcacións de especial interese. E por suposto a Sara non podía faltar.
A pesares de que algún se caiu da lista de inscritos, foron casi 30 as embarcacións que participaron na concentración, bastantes barcos pero pouco vento, a decir verdade, foi por isto que houbo tramos nos que o comité ordeou encender máquinas para completar algún tramo do peculiar rally marítimo que consistiu a mañán de navegación.
Como se pode ver nesta fotografía, a modo de exemplo, houbo moitas tipoloxías de embarcacións no mar: dornas polbeiras, dorna meca, racú, veleiros clásicos, galeóns, snipe, balandros... e ata un 6 metros fómula internacional, o Acacia, un barco de regatas clásico e puro que deixou boa mostra do seu espírito ao completar primeiro o percorrido.
Na primeira fin de semana do mes de xullo, a Dorna Sara chegou a Carril para participar do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, o décimo da historia pero o primeiro para a Sara, i é de esperar que sexa o primeiro de moitos máis que veñan. Unha cita á que non oden faltar todas as persoas que sintan un mínimo de apego ou sensibilidade hacia o patrimonio marítimo e a cultura mariñeira
Numeroso público e tripulantes déronlle vida a este X Encontro, tanto en terra como nos pantaláns, así como nos diversos emprazamentos nos que tiñan lugar as actividades recollidas no programa.
Outro punto moi salientable no Encontro foi o das visitas guiadas á illa de Cortegada, un espazo para a natureza e a historia, que ao percorrer ofrece diversas caras e frondosas extensións con marabillosos exemplares de eucaliptos, loureiros ou carballos.
Na tarde do sábado, un tanto gris de aspecto pero con ventiño do sur e sen choiva, a Sara tamén formou parte da navegación libre nas augas de Carril, unha espectacular imaxe de velas, tipoloxías, orixes e xentes.
Bucetas, dornas de calime, galeóns, botes do golfo ártabro, e máis tipoloxías chegadas de toda as ribeiras da península ibérica
Foto: Club do Mar de Ferrol
E tamén moitas dornas de tope, das que herdou as formas do casco a Sara, nesta fotografía do Club do Mar de Ferrol, podemos ver xuntas a Sara e a Laxe de Boibas, a dorna de tope restaurada polos Amigos da Dorna Meca que se presentaba en sociedade en Carril.
A Tripulación Nesta fin de semana de Encontro, tuvemos ocasión de compartir navegación, mesa e conversa con moitos amigos, mención especial merecen os compañeiros do mediterráneo, amantes do mar e das embarcacións tradicionais, que conformaban a tripulación da Sara: Jaume, Aina, Joan... e as súas familias agasalláronos coa sua compañía no mar i en terra. A todos eles unha forte aperta e ata a próxima, na Sara seguirán tendo plaza.
Na mañán deste domingo 26 de xuño, a Sara puxo proa a Vilaxoán, onde se celebraban as xornadas previas ao X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebrarán a próxima fin de semana no porto de Carril. Este foi un quecemento magnífico, unha oportunidade de compartir mesa e navegación con amigos e barcos.
A Asociación Galega de Carpinteiros de Ribeira, Agalcari, acudiu cun espazo de seu ó Salón Náutico de Barcelona no que ofreceu información detallada dos seus integrantes.
Cargando para marchar a Barcelona
A finalidade era a de dar a coñecelos servizos que prestan e poden ofrecer estes estaleiros caracterizados por un bo facer acreditado no tempo, pero que tamén teñen futuro propio nos mercados actuais, tanto para sectores profesionais como a pesca e a acuicultura coma para o mercado da náutica de recreo. Para amosar esta idea levada a práctica desprazáronse o estaleiros grovense “Hijos de J. Garrido”, con Pepe e Fabián Garrido á fronte e coa Dorna Sara que, sen dúbida, foi a estrela do Salón Náutico non so polo número de visitantes e profesionais recibidos a bordo –incesante durante os oito días- ou polo concepto de embarcación tradicional adaptada ó ocio, senón pola idea que defenderen os irmáns Garrido de seren capaces de utilizala súa sabedoría ancestral para facer barcos á medida dos soños de cada un, barcos únicos, como é o caso da Dorna Sara, aparte, por suposto, da súa coñecida capacidade para traballos en calquera rehabilitación ou posta ó día de embarcacións que, total ou parcialmente, empreguen a madeira.
O persoal do Asteleiro
A propia organización do Salón Náutico no primeiro dos vídeos promocionais,xusto despois das imaxes da inauguración oficial polo Alcalde de Barcelona e a Alcaldesa de Hospitalet, contén unha visita bastante detallada á Dorna Sara e ó resto do Spai de Marina Tradicional no que había stands do País Vasco, Cataluña, Baleares, Canarias e ata de Irlanda e onde se celebraron actividades diversas (construción en vivo dun curach, taller de nos, charlas, actuacións musicais i etnográficas...).
Pepe Garrido explicando a construción do Parrulo aos alumnos da Escola de Inxeñería de Barcelona
Hai que destacar tamén o espazo da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial con persoal durante os oito días distribuíndo información sobre os Encontros de Carril 2011, así como a presentación deles, que contou coa presenza da Alcaldesa de Vilagarcía.
O stand da FGCMF
Tanto o público afeccionado como o profesional amosaron a sorpresa diante do concepto da Dorna Sara e gabaren tanto os materiais e o proceso construtivo como o seu completo equipamento como embarcación para o ocio, resaltando a integración acadada por Hijos de J. Garrido da última tecnoloxía nun barco de formas clásicas construído no século XXI.
A III Concentración de Clásicos, celebrada na Enseada da Lanzada, e organizada polo Club Náutico San Vicente coa colaboración da Asociación de Amigos da Dorna Meca, resultou este ano un éxito que esperemos que se confirme na vindeira edición na que non deberían fallar barcos coma o Industrial ou o Cortegada que, daquela, xa estarán, seguramente, completamente armados.
A Sara entre o Evangelina e A Nova Jorita
Na regata os da Sara O erramos na estratexia: quixemos saír á busca de vento cara ó Oeste e perdemos un tempo extraordinario, mentres as outras embarcacións ían de empopada cara ó Camouco. Cando chegamos ó faro so quedaban detrás de nós o Evanxelina de Rianxo, o Garabullo de Viveiro e o Nordik. Dende a Faxilda intentamos alcanzar ó Naia, despois elixido o máis fermoso polos participantes, pero non fomos quen.
O Naia coa Airexa de fondo
Á nosa falla de pericia xuntouse que os ventos eran absolutamente febles, 2, 3, 4, 5 e, como moito, 6 nós, de xeito permanente, e penso que a Sara O precisa de mais vento para render ben. Pero o que interesa foi que se ofreceu un espectáculo moi interesante nas augas da Lanzada, onde as praias do Xeixeliño, Area da Crus, Paxareiros e Lanzada foron unhas tribunas privilexiadas para observar a regata.
Un galeón, un snipe e un Camper&Nicholson, exemplo de variedade da regata
A organización ten pensado, para o vindeiro ano, organizar un concurso de fotografía para a xente que estea nesas praias, que remitirá as fotos por vía electrónica e darase o premio coincidindo coa entrega de trofeos da regata.
En resumo: imos aprendendo a facer navegar á Sara.
Unha dorna de tope con técnicas de carpintería actuais: alistonada, con cuberta cómoda e habitable, dotada de cociña, baño, duas camas e con todos os avances técnicos en canto a electrónica se refire. Armará, ademais, vela cangrexa, foque e trinqueta.
Construída nos Asteleiros Garrido