19 de septiembre de 2011

Dúas embarcacións do Grove no podio do Master Corte Inglés 2011



Con parte da tripulación do Nocturne e o presidente de Agabace, desposi da entrega de premios

A pasada semana, nos pantaláns de Baiona xestouse de xeito improvisado unha regata de clásicos no marco do Master 2011 do Corte Inglés. o Club Náutico de Sanxenxo convidou aos clásicos presentes a participar do evento.
Aínda que a cira para as categorías de ORC, Platú e Optimist compoñíase de tres probas a disputar venres, sábado e domingo; no caso dos clásicos o calendario limitábase a dúas probas, unha o sábado e outra o domingo. Na primeira xornada o Nocturne deixou ben claro que non ía facer concesións, pero con todo o Miña Miniña demostrou que non da tregua, non en balde remataron as dúas probas en idénticas posicións, con unha marxe máis axustada na regata do domingo. Foi nesta segunda xornada na que a estratexia que adoptaron os patróns dos clásicos se fixo valer, a Sara remontou posicións tras unha saída pouco afortunada e entrou en liña de meta en terceiro lugar, o que lle valeu para situarse no chanzo do bronce na clasificación xeral.

O Cassandra dou guerra na regata do domingo

A Sara acoderada ao Marie, do presidente de Agabace, Guillermo Geffael

A intrépida tripulación facendo banda

O Nocturne of Newport, de Enrique Barreiro, foi o vencedor na categoría

O Miña Miniña, que fixo segundo na clasificación Xeral.


Máis información sobre a regata en
RCN de Sanxenxo
Blog Desmarque
RFEF
El Correo Gallego

12 de septiembre de 2011

Navegando en Baiona

O pasado venres 9 de setembro daban incio as regatas do XXVI Premio Príncipe de Asturias, organizado polo MRCY de Baiona, no que unha das categorías foi a de Clásicos, na cal entrou a Dorna Sara, ademáis de outros fermosos barcos, entre os que estaban varios socios da recén fundada Agabace (Asociación Galega de Barcos Clásicos e de Época).
Estiveron tamén en Baiona o Aguete e o Giralda, dúas das embarcacións de interese patrimonial, e que moi pronto engrosarán o listado de membros da Agabace.

En canto á clasificación do grupo dos Clásicos, desde o primeiro día o Pingüino deixou ben claro que non ia facer concesións, e así foi, rematando primeiro nas 3 probas disputadas, nas que ofreceu fermosas estampas.

Seguiron nas probas e na clasificación os barcos da fotografía, en segundo lugar rematou o Calúa (amarrado ao pantalán) e nun moi meritorio posto acabab o Miña Miniña, de Fabián Garrido, que puxo toda a carne no asador nas augas costeiras de Baiona.

Nos próximos días a fotografa viguesa María Muiña colgará na súa páxina web a galería de imaxes deste Trofeo, permaneceremos atentos.

24 de agosto de 2011

Clásicos en San Vicente


A Concentración de Barcos Clásicos de San Vicente do Mar chegou á súa cuarta edición, un ano máis este Trofeo El Corte Inglés reuniu en augas do Grove e un nutrido e variado grupo de embarcacións de especial interese. E por suposto a Sara non podía faltar.


A pesares de que algún se caiu da lista de inscritos, foron casi 30 as embarcacións que participaron na concentración, bastantes barcos pero pouco vento, a decir verdade, foi por isto que houbo tramos nos que o comité ordeou encender máquinas para completar algún tramo do peculiar rally marítimo que consistiu a mañán de navegación.

Como se pode ver nesta fotografía, a modo de exemplo, houbo moitas tipoloxías de embarcacións no mar: dornas polbeiras, dorna meca, racú, veleiros clásicos, galeóns, snipe, balandros... e ata un 6 metros fómula internacional, o Acacia, un barco de regatas clásico e puro que deixou boa mostra do seu espírito ao completar primeiro o percorrido.

Podedes ler máis e contemplar máis fotografías nestes enlaces:
Todogrove.com
La Voz de Galicia.
La Voz de Galicia (luns)
El Correo Gallego
Amigos da Dorna Meca




20 de julio de 2011

X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

Na primeira fin de semana do mes de xullo, a Dorna Sara chegou a Carril para participar do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, o décimo da historia pero o primeiro para a Sara, i é de esperar que sexa o primeiro de moitos máis que veñan. Unha cita á que non oden faltar todas as persoas que sintan un mínimo de apego ou sensibilidade hacia o patrimonio marítimo e a cultura mariñeira

Numeroso público e tripulantes déronlle vida a este X Encontro, tanto en terra como nos pantaláns, así como nos diversos emprazamentos nos que tiñan lugar as actividades recollidas no programa.


Outro punto moi salientable no Encontro foi o das visitas guiadas á illa de Cortegada, un espazo para a natureza e a historia, que ao percorrer ofrece diversas caras e frondosas extensións con marabillosos exemplares de eucaliptos, loureiros ou carballos.


Na tarde do sábado, un tanto gris de aspecto pero con ventiño do sur e sen choiva, a Sara tamén formou parte da navegación libre nas augas de Carril, unha espectacular imaxe de velas, tipoloxías, orixes e xentes.


Bucetas, dornas de calime, galeóns, botes do golfo ártabro, e máis tipoloxías chegadas de toda as ribeiras da península ibérica


Foto: Club do Mar de Ferrol

E tamén moitas dornas de tope, das que herdou as formas do casco a Sara, nesta fotografía do Club do Mar de Ferrol, podemos ver xuntas a Sara e a Laxe de Boibas, a dorna de tope restaurada polos Amigos da Dorna Meca que se presentaba en sociedade en Carril.

A Tripulación
Nesta fin de semana de Encontro, tuvemos ocasión de compartir navegación, mesa e conversa con moitos amigos, mención especial merecen os compañeiros do mediterráneo, amantes do mar e das embarcacións tradicionais, que conformaban a tripulación da Sara: Jaume, Aina, Joan... e as súas familias agasalláronos coa sua compañía no mar i en terra. A todos eles unha forte aperta e ata a próxima, na Sara seguirán tendo plaza.

A tripulación ao completo

26 de junio de 2011

A Dorna Sara en Vilaxoán

Na mañán deste domingo 26 de xuño, a Sara puxo proa a Vilaxoán, onde se celebraban as xornadas previas ao X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebrarán a próxima fin de semana no porto de Carril. Este foi un quecemento magnífico, unha oportunidade de compartir mesa e navegación con amigos e barcos.
Despois de xantar houbo navegación na zona.
A semana que ven: máis e mellor!!

A Meca no pantalán das embarcacións máis grandes


Barcos da illa de Arousa e de Bueu

As dornas polveiras todas a un correr

Grandes e pequenos

O Ría de Ferrol e o Eliseo

Traiña, racú e dorna xeiteira, de Bouzas

O Galeón da Abilleira

O Industrial (Prohibido subir abordo)

Moitas bateas hai...