19 de junio de 2008

Macizos


Nestes días a actividade de varadas dos Asteleiros Garrido é intensa, como todos os anos nesta época. Mentras tanto sobre a quilla da dorna Sara, os carpinteiros están laminando, ou encolando os macizos, é decir as pezas que reforzan a quilla na roda e na popa. Avanzando.

12 de junio de 2008

Bancada


A peza de quilla está xa no seu lugar definitivo. Unha bancada de eucalipto mantén a peza primeira do barco para comezar xa a construción en si da embarcación. Sobre a quilla practicouse o alferíz que é un rebaixe ou canal onde se encastarán os listóns que forman o forro.

8 de junio de 2008

Posta de quilla





A quilla fica pronta para montar nela as varengas, formadas de cinco partes cada unha. Como di a tradición a quilla foi mollada con un bo viño, servindo como un presaxio de longa vida á embarcación. Representantes de diversos colectivos socias vinculado á cultura marítima asistiron ao ramo, así como o armador e un grupo de familiares e amigos.
Fotografías por cortesía de www.todogrove.com

6 de junio de 2008

Outro raio de Júpiter



















Todo está disposto para pinchar a quilla, esta tarde o carpinteiro dispoñia todo o necesario para a unión da roda coa quilla, tamén por raio de Júpiter. Nas imaxes podemos ver como quedou o laminado da peza da proa, que contrasta armónicamente coa quilla de unha única peza.

5 de junio de 2008

Unindo a quilla e o pinchón


Para unir a quilla co pinchón, é dicir a parte de popa da mesma, procédese a trazar a unión mediante raio de Júpiter, denominada así pola súa forma, esta efectiva unión axustase finalmente coa inserción de unha cuña que se cortará enrasada unha vez que se atope correctamente ubicada.

Encolando o pinchón











Como xa dixemos a quilla estará formada por tres partes, a proa, a quilla e o pinchón. Este último xa está encolado, formado por tres pezas e listo para pasar a ser un todo na peza final. A unión realízase mediante resinas epoxídicas.

3 de junio de 2008

Cortando a quilla































Para crear a quilla os carpinteiros de ribeira van ter que empregar varias pezas: a proa e roda laminadas, o pinchón tamén laminado en tres pezas e a quilla en si de unha soa peza de iroko. Esta tarde no taller marcouse a peza de quilla e procedeuse ao seutrazado, corte e posta a escuadro, á espera de ensamblar o conxunto e "pinchar" a quilla no seu lugar definitivo onde tomará forma a dorna Sara.

Alistonada








Xa está no taller a madeira de caoba alistonada preparada para forrar as cuadernas.
Cada listón ten 18 mm. de ancho e 28mm de alto, e unha lixeira forma “machiembrada” nas partes onde un listón se une co seguinte para darlle maior estanquidade e robusteza ao casco. Neste método de construción os listóns substitúen aos banzos, que irían fasquiados, en troque todos os listóns teñen a mesma forma.

2 de junio de 2008

Laminado da proa









Como alternativa á madeira de unha soa peza, cando se busca determinado tronco para a proa e o pinchón dados o seu tamaño e curvatura, temos a alternativa do laminado, que consiste en encolar pezas máis finas e rectas sobre un molde coa forma desexada. Con esta técnica conséguese a peza coa forma e tamaño desexado e con unha fortaleza reforzada pola súa estrutura, xa que se superpoñen e encolan numerosas láminas finas de madeira ata o tamaño final.