29 de mayo de 2008

Cuadernas ensambladas








Como quedou dito o esqueleto xa empeza a coller forma. As pezas que viamos apiñadas no asteleiro fóronse ensamblando e neste intre xa son as “costelas”, as cuadernas como serán desde a quilla ata a regala.

28 de mayo de 2008

Collendo forma




















As cuadernas van pasando pola serra onde se lles aplica a falsa escuadra, que varía en varios puntos da mesma, tanto no exterior coma no interior. O esquelete da dorna Sara xa vai collendo forma.

27 de mayo de 2008

A falsa das cuadernas





Despois de pasar cuadernas e varengas polo regrueso hai que darlles a cada unha delas a falsa escuadra, ou caída correspondente na súa cara exterior, é dicir a forma que terá o exterior do casco, conde irán os forros. O mesmo para as varengas, onde se practica un taladro para a súa fixación a quilla.

24 de mayo de 2008

Cortar as cuadernas






Unha vez feitas as plantillas de chapa, lévase a súa forma á tabla, neste caso de iroko. A forma desta cuaderna non é a definitiva, trázase con unha certa marxe, xa que logo de regruesalas hai que darlle en cada punto a súa correspondente caida ou “falsa escuadra”, de acordo do plano de liñas de auga da embarcación.

23 de mayo de 2008

Trazado das plantillas



Unha vez levados os planos ás mans do carpinteiro de ribeira, este procede ao trazado das pantillas das futuras cuadernas e varengas. No documento técnico descríbese a forma do "esquelete" da embarcación partindo da cuaderna mestra ata a proa e ata a popa.

22 de mayo de 2008

Sobre o plano


Logo de tomar a decisión de embarcarse neste proxecto hai que poñerse a traballar, o primeiro paso: os planos. Achegamos unha imaxe do que será a Sara, só hai que engadir a cabina.

21 de mayo de 2008

Benvidos a bordo!

Benvidos ao blog da dorna Sara, unha dorna de tope de 8,40 metros de eslora, construida con cuadernas de iroko e forros de caoba, en madeira alistonada. Unha embarcación que pretende misturar o encanto dos barcos tradicionais e as comodidades da náutica de recreo.

Desde aquí comenzaremos un completo seguimento da construcción da dorna Sara, nos Astilleros Garrido do Grove, desde os planos ata a botadura, intentaremos que a travesía sexa amena e para elo ilustraremos a viaxe con fotos do paso a paso do proceso.

Benvidos a bordo!!