Na primeira fin de semana do mes de xullo, a Dorna Sara chegou a Carril para participar do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, o décimo da historia pero o primeiro para a Sara, i é de esperar que sexa o primeiro de moitos máis que veñan. Unha cita á que non oden faltar todas as persoas que sintan un mínimo de apego ou sensibilidade hacia o patrimonio marítimo e a cultura mariñeiraE tamén moitas dornas de tope, das que herdou as formas do casco a Sara, nesta fotografía do Club do Mar de Ferrol, podemos ver xuntas a Sara e a Laxe de Boibas, a dorna de tope restaurada polos Amigos da Dorna Meca que se presentaba en sociedade en Carril.
A Tripulación
Nesta fin de semana de Encontro, tuvemos ocasión de compartir navegación, mesa e conversa con moitos amigos, mención especial merecen os compañeiros do mediterráneo, amantes do mar e das embarcacións tradicionais, que conformaban a tripulación da Sara: Jaume, Aina, Joan... e as súas familias agasalláronos coa sua compañía no mar i en terra. A todos eles unha forte aperta e ata a próxima, na Sara seguirán tendo plaza.