31 de mayo de 2009

A cinta

Mentras a madeira dos interiores recibe tratamentos de protección e acabados, no exterior do casco os carpinteiros están a presentar a cinta, que se ubica na parte inferior do trancanil de ambos costados, e de proa a popa.


27 de mayo de 2009

Por que madeira? V


As calidades estéticas e a experiencia visual de permanecer a bordo rodeados por materiais naturais son, por suposto, , subxectivas: pero reto a calquera para ver se prefire o plástico branco ou a madeira natural

21 de mayo de 2009

Por que madeira IV

Pero non precisa a madeira de moito mantemento? É verdade que para barcos construídos dun xeito tradicional o mantemento da madeira é unha tarefa máis ou menos constante, como se ve pola experiencia diaria nos nosos portos. Pero non é así para embarcacións feitas coa tecnoloxía e cos materiais actuais. Tódalas superficies de madeira exposta ás influencias externas de sol e mar están protexidos por resinas. A madeira seca conservada deste xeito mantén tódalas súas extraordinarias características practicamente sen envellecemento, durante décadas, e os custos de mantemento ordinario dun casco non son superiores aos de fibra ou metal.Asistimos á colocación do último dos bances, o casco está xa completamente forrado, o costado de estribor está a ser lixado, a Dorna Sara xa mostra un aspecto ben avanzado. Falta menos para a botadura...






18 de mayo de 2009

banceando e demais

Continúa o banceado, que está a ser a actividade prioncipal á que se están dedicando os carpinteiros, aínda que por outra banda xa se están adiantando traballos como o lixado do casco o pintado da parte superior da cbina ou a instalación e elaboración do temón.





13 de mayo de 2009

Por que madeira (III)

A madeira ten características acústicas e térmicas mellor cas doutros materiais, por iso non hai problemas coa condensación sobre o forro de paredes interiores. As características galvánicas tamén son ideais.No Asteleiro Hijos de J. Garrido continua o forrado do casco, que xa se ve bastante avanzado.

5 de mayo de 2009

Por que madeira? II

A madeira é o material máis resistente ao chamado estrés dos materiais, coñecéndose con esta denominación a reducción da súa forza como consecuencia da intensa actividade dinámica. Ao navegar, a estructura dun barco está baixo o impacto dinámico constante da auga e do peso de seu. As probas realizadas amosan que pezas de diversos materiais postos baixo a mesma presión dinámica un millón de veces durante 30 horas van a perder forza como segue:
-Fibra de vidro mantén aínda non o 22% da forza orixinal.
-O Aluminio mantén o 37% da forza orixinal;
-A Madeira laminada con resina epóxi mantén o 64% da forza orixinal.

Amosamos o tunel de fibra onde traballará a hélice de proa.