27 de abril de 2009

Por que de madeira?

Mentras continúa o banceado da Dorna Sara exporemos en varias entregas os motivos de porque decidirse pola madeira á hora de afrontar unha construcción naval.
En relación con outros materiais navais estándar, como a resina de poliéster, o aluminio e incluso o aceiro de alta calidade, a madeira ten o coeficiente de calidade máis alto. O coeficiente de calidade dun material de construción é a relación entre a súa resistencia e a súa densidade. Isto significa que un barco de madeira pesará menos que un das mesmas medidas e construído de igual xeito para ter a mesma resistencia. Ou, noutras palabras, entre dúas embarcacións de igual peso e igual tamaño, a de madeira terá unha resistencia moito maior. Canto máis alto sexa o coeficiente de calidade, máis aconsellable será o material para os obxectivos a construír, especialmente se o que se pretende construír ten que ser lixeiro, pero forte, tanto sexa en barcos como en avións. É indubidable que este é un factor de relevancia capital á hora de elixir os materiais de construción.



19 de abril de 2009

Máis topes

Continúa o traballo do banceado. Hai un carpinteiro traballando por cada costado da Dorna Sara e os bances avanzan cara arriba.

13 de abril de 2009

Empezando a bancear

Comeza a semana dos carpinteiros banceando a Dorna Sara. Despois de por dúas tablas máis anchas que as demáis por cada banda, empezan xa a poñer os topes que vimos ao principio da construción.

3 de abril de 2009

Primeira táboa

A semana remarou con varios traballos simultaneos. Por unha banda preparouse o renate dos cantos da cabina, e por outra preparouse a primeira tabla do forro, a táboa de pardequilla, que como o seu propio nome indica vai pegada á quilla e facilitará a faena de bancear, correxindo unha curva excesiva das seguintes táboas, que son alistonadas.