30 de enero de 2009

Pequenos detalles

Nos barcos, coma en todo, hai pequenos detalles que revelan o bo gusto e o saber facer. Na Dorna Sara empezan a ser algo máis notorios estas cousas, que atinxen algo máis aos acabados que á propia construcción. Dan boa conta desto as fotografías que amosamos. Como no caso dos chanzos de acceso ao interior da embarcación.

23 de enero de 2009

Cuberta presentada

As láminas de teka están xa presentadas sobre a cuberta, o seguinte paso será o seu encolado definitivo.

14 de enero de 2009

A cuberta e interiores

A cuberta da Dorna Sara será de teca. Ao tempo que un carpinteiro avanza no reparto do interior comezou o traballo en cuberta colocando a primeira das táboas. Ofrecemos tamén unha imaxe de como están quedando o habitáculo.

9 de enero de 2009

Reparto da cabina

Xa podemos ver onde se situarán os elementos da cabina, de novo empréganse os lazos para conformar as distintas partes das mesma.

7 de enero de 2009

Baos da Cabina

Continúan os traballos na Dorna Sara. Por un lado son distribuidos os baos laminados da cabina, e por outro toma forma a distribución da bañeira cos distintos lugares de estiba.